Lanzamento do proxecto xuvenil AbP Turulo Films


Estás Turulo Films
Prototipo de Cooperativa Xuvenil Audiovisual









Guión para a aprendizaxe baseada en proxectos AbP Fonte INTEF e  aplicado en Aplica Plástica


0. Introducción

1. Exposición da proposta.

2. Lanzamento do proxecto.


3. Planificación do proxecto e da súa avaliación mediante rúbricas.

4. Investigación e procura de información para contestar preguntas guía.
5. Reflexión e avaliación sobre o aprendido ao longo de todo o proxecto.

6. Presentación do produto final xerado no proxecto e difusión.

7. Reflexión final sobre o produto final, sobre o proceso e sobre o aprendido coa proposta e as actividades correlacionadas.

8. Tarefas previas.

9. Fontes, experiencias e recursos.







0. Introducción


A aprendizaxe de cooperativa escolar audiovisual Estás Turulo Films nace con humor e o compromiso de traballar para accader os obxectivos da materia de Cultura Audiovisual. Integra as unidades didácticas e tarefas levadas a cabo durante os dous primeiros trimestres do curso seguindo o currículo LOMCE, vixente durante o desenvolvemento deste proxecto, e con prácticas e recursos para bacharelato de artes.

Trátase de elaborar un novo prototipo de productora audiovisual escolar como unha experiencia de emprendemento aplicada ao noso ámbito que traballará nas labores de preproducción, producción e postproducción das video-creación propostas na aula para a aprendizaxe activa e participativa. 

Emprendemento é a actitude e a aptitude que toma unha ou varias persoas para iniciar un novo proxecto a través de ideas e oportunidades.O emprendemento ten a súa orixe no inicio da humanidade, xa que o ser humano caracterízase por asumir riscos co obxectivo de xerar oportunidades de crecemento que poden brindar unha mellor calidade de vida para el, para a súa contorna e incluso para un proxecto de vida en común. A palabra emprendemento é de orixe francesa “ entrepreneur” que significa “pioneiro”. 



1. Proposta ao alumnado.


Traballamos coas alumnas e alumnos a partir dunha choiva de ideas para atopar un Nome orixinal que simbolice a súa identidade corporativa como prototipo de productora audiovisual unha vez desenvolvidas as tarefas que recoméndase ter traballadas anteriormente, moitas delas referenciadas no blog do profesor.

Logotipo da marca. O logo é mesmo máis importante que o nome, posto que a mente humana lembra mellor as imaxes, que as palabras.

Tipografía que represente a personalidade da marca. É a clave dunha identidade visual efectiva. As marcas poden recoñecerse de inmediato grazas ao o estilo da súa tipografía. É moi importante que teña unha personalidade única e que sexa clara e fácil de ler.

Cores, que diferencien a identidade. A elección da paleta de cor tampouco debe deixarse ao azar. A cor utilízase para evocar emocións e expresar personalidade. Estimula as asociacións de marca e acelera a diferencias.

Imaxes que evoquen a marca e proposta de creación de video anuncio e presentacións do seu proxecto baseadas nos modelos elevatorpick ou das startup (semilleros de empresas innovadoras).

Voz e ton. Referimonos á maneira coa que imos expresar as nosas mensaxes e dirixirnos aos públicos. Creación de slogans co choivas de ideas ou brainstorming.

Páxina web, que aumente a experiencia de marca. A reputación na rede é un factor que tamén debemos coidar. Empregamos unha plataforma de blog para editalo de xeito cooperativo. (exemplo) Todo suma e contribúe a potenciar a nosa imaxe de marca.

Asignación de roles, tarefas e cargos para o equipo de traballo de 
Estás Tururulo Films.

Escribe ou cambia o teu rol noos comentarios


2. Lanzamento do proxecto
Exemplo de presentación ducha proposta de aula para a aprendizaje baseada en proxectos ABP:


Planificación do proxecto e da súa futura avaliación mediante rúbricas.

Temporalización

Unha sesión para a proposta ao alumnado.
Unha sesión para a choiva de ideas, distribución de roles, grupos e tarefas.
Unha sesión para a elaboración da sinopsis do audiovisual colaborativo entre todo o grupo.
Unha sesión para montar o escenario.
Cinco sesións para gravacións.
Unha sesión para analizar a montaxe.
Unha sesión para a presentación do proxecto.



3. Planificación do proxecto e da súa avaliación previa mediante rúbricas.

A partir da introdución e contextualización das empresas de produción audiovisual desde as mais pequenas as máis grandes produtoras.



4. Investigación e procura de información para contestar á pregunta guía.

Buscamos a pregunta guía (driving question) utilizando obxectos de interese como punto de partida e os conectamos creativamente aos estándares de aprendizaxe. Si comezamos primeiro coa pregunta guía determinamos primeiro os estándares de aprendizaxe a traballar neste proxeto AbP na que primeiro temos traballadas actividades relacionadas.Trátase de aprender habilidades e contidos co fin de responder a unha pregunta interesante para os estudantes. 

O produto final desta aprendizaxe é este blog e a presentación ducha selección de trballos prácticos e pesas audiovisuais.


preguntas guía

Que pode achegar o audiovisual a nosa localidade?
Que impacto teñen as imaxes en movemento na nosa sociedade?
Que vantaxes ten o traballo en equipo? Como manexa un Director de Cine as mensaxes? Como pode mellorar a tua marca persoal este proxecto?


5. Avaliación e reflexión sobre o aprendido ao longo de todo o proxecto.


6. Presentación do produto final xerado no proxecto no salón de actos, posterior difusión entre a comunidade educActiva e a súa difusión.

7. Reflexión final sobre o aprendido e sobre o proceso seguido. Para facer efectiva a competencia de aprender a aprender co noso alumnado. Así mesmo, hai unha serie de actividades (catro para o presente proxecto) que haberá que realizar previamente ou ao longo do proceso e que finalizará xerando un produto final á vez que se produce unha aprendizaxe efectiva e unha reflexión sobre o propio proceso de aprendizaxe.

8. Tarefas previas.

Cómo facer unha animación colaborativa

Aplicaplástica O guión

Aplicaplástica Recursos técnicos

Aplicaplástica  Graos de iconicidade

aLinguaVisual Cine Cooperativo

AplicaPlástica ABP1



9. Fontes, bibliografía e recursos educativos

Fundamentos do deseño Materiais para Artes Plásticas
Educación plástica visual e audiovisual: rúbricas PDF
thebrokenhips prototipo de cooperativa escolar
quixotedumotion  experiencia didáctica
creanimacionalalectura proyecto de animación á lectura
animacionblog  Todo sobre a Animación
stopmotionnow  Animación Stop Motion
kulturaaudiovisual  Cultura Audiovisual
CortosEducativos  Cortos educativos
aplicaPlástica  APPs para trabajar con dispositivos.
alinguaVisual  O Fabuloso mundo das imaxes



10. Exposicións e proxección dos resultados

.


https://www.youtube.com/channel/UCfh8YMOdWgBQUTp5nRFuZ-w.º























Comentarios

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Curta de stop motion, comentario dunha curta de culto e graffiti para "Tributo a María Soliña".

Documental sobre María Soliño